Por que Edra?
Cremos na capacidade de adaptación a un marco normativo en constante evolución e na construción de solucións sólidas que perduren. Do mesmo xeito que a hedra, que medra con forza mesmo en contornas complexas, integrámonos nas organizacións dos nosos clientes como parte do seu equipo, apoiando a súa evolución ante os retos da transición ecolóxica e enerxética.
Comprometémonos
O dereito é unha ferramenta para impulsar a transición ecolóxica e enerxética.
Proporcionamos seguridade xurídica para que os proxectos con vontade de cambio sexan viables.
Os nosos servizosOs nosos servizos
Ofrecemos unha visión integral do dereito ambiental e da enerxía.
AnticipámonosInterpretamos a normativa e axudamos a tomar decisións estratéxicas.
- Garantimos a adecuación ás normativas ambientais vixentes, deseñando e implantando modelos de cumprimento para evitar riscos regulatorios.
- Monitorizamos proactivamente as novidades e cambios regulatorios do sector enerxético e ambiental, avaliando o seu impacto real antes de que os seus efectos se materialicen.
- Elaboramos informes e análises con criterios técnicos que apoien decisións, integrando a sustentabilidade nos proxectos ou estratexias.
- Acompañamos xurídicamente a empresas, cooperativas, entidades de economía social, administracións e consumidores nos seus proxectos, formándoos tamén na correcta interpretación da norma.
DeseñamosDamos forma xurídica a operacións, modelos de negocio e contratos públicos e privados, e intervimos no deseño e elaboración de normativa.
- Redactamos, revisamos e negociamos contratos enerxéticos: contratos de subministración e compravenda de enerxía (PPA); termos e condicións para comercializadores, acordos de acceso á rede, EPC, O&M, representación no mercado, agregación e flexibilidade.
- Damos forma legal e deseñamos marcos contractuais en operacións de xestión, valorización e traslado nacional ou internacional de residuos, así como para a implementación de sistemas de reutilización, simbiose industrial e proxectos de comercialización de materias primas secundarias.
- Guiamos a comercializadores, agregadores independentes e representantes na súa participación nos mercados, asesorando sobre procedementos de operación, formatos de intercambio e outras obrigas legais aplicables aos seus servizos.
- Acompañamos na inclusión de cláusulas ambientais en contratos públicos. Asesoramos sobre instrumentos de custodia do territorio e participamos nos procesos de elaboración de normativa.
AcompañamosApoio xurídico integral en todas as fases do proxecto, dende o deseño ata o financiamento.
- Acompañamos na obtención de autorizacións e permisos administrativos para actividades, proxectos industriais, instalacións de xestión de residuos, emisións de gases de efecto invernadoiro e o ciclo integral da auga, entre outras.
- Damos forma xurídica a proxectos de xeración distribuída, autoconsumo, comunidades enerxéticas, sistemas de almacenamento e gases renovables.
- Auditamos a viabilidade legal de activos antes de fases de investimento ou compra (due diligence), ofrecendo un soporte xurídico sólido na estruturación, financiamento e obtención de Garantías de Orixe ou Certificados de Eficiencia Enerxética (CAEs).
- Identificamos os requisitos aplicables aos produtos ou servizos baixo criterios de sustentabilidade. Analizamos o marco legal para determinar as obrigas específicas de cada sector.
- Asesoramos na constitución de cooperativas enerxéticas e entidades do terceiro sector. Ofrecemos apoio na definición legal, redacción de estatutos e gobernanza de comunidades enerxéticas e cooperativas.
Litixio ambientalActuamos para lograr unha aplicación rigorosa do dereito ambiental.
- Ofrecemos defensa letrada especializada en calquera procedemento xudicial ou administrativo para a protección dos recursos naturais.
- Intervimos en expedientes administrativos para o cumprimento da normativa ambiental (verteduras, emisións, residuos, ruído, responsabilidade ambiental, entre outras).
Seguridade xurídica para proxectos que impulsan o cambio
EscríbenosComo traballamosComo traballamos
Ofrecemos varias opcións de colaboración. Adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes.
Quen somos?
Un equipo especializado, próximo e de confianza.
Desenvolvín toda a miña carreira no sector das enerxías renovables e comercialización. Con máis de 20 anos de experiencia, son profundamente curiosa e destaco pola miña dedicación e integridade, sempre buscando xerar un impacto positivo.

O meu interese pola natureza levoume a especializarme en dereito ambiental, unha disciplina que considero fundamental para impulsar cambios duradeiros. A miña experiencia previa no dereito asociativo influíu na miña forma de entender e aplicar esta rama do dereito, dentro da cal me interesan especialmente o dereito de augas e a normativa climática.

Pasei moitas tardes da miña vida nun río. Iso marcou a miña vocación polo dereito ambiental, no que levo seis anos asesorando, especialmente sobre economía circular. Desfruto escribindo e impartindo formacións e trato de facer as cousas un pouco mellor cada día.




